Blogia
Andresadas

Melocotón en xarope... Vaia exitazo!

 

5 minutos de aplausos sen cesar... Non era para menos... A cámara de Teatro Ditea demostrou todo o seu potencial, e deixou en dúbida iso de que se lle chame Teatro Afeccionado... Demostrouse este mércores á noite, no Salón Teatro de Santiago, que non falamos de "afeccionados" precisamente...

A obra representado por este elenco de artistas foi Melocotón en almíbar de Miguel Mihura, pero adaptaba ó galego, co título Melocotón en xarope... Case dúas horas de teatro nas que non existiu o aburrimento, e o sorriso era a tónica do día nas facianas dos espectadores. Nun teatro a rebosar, os actores do grupo Ditea, fixéronnos rir, sentir desacougo, medo, intriga... Unha multitude de sentimentos en só unha obra de teatro. Incrible... Das millores obras que vin na miña vida... (que conste que tampouco vin muitas, pero esta caloume fondo)

Os actores e actrices do grupo Ditea son: Lara Rozados, Ramón Valiño, Antonio Ramos, Alberte Álvarez, Lucrecia Carril, Martina Martínez e Xaquín Lorenzo. Dirixida por Antón Casas. Uns atracadores de xoiería están agochados nun piso en Madrid. O atraco en Burgos obrígalles a ter unha coartada: son turistas venezolanos que viñeron a pasar unhas vacacións a España, e estiveron no sur, en Sevilla concretamente. O maior do grupo, "o Neno", collera un arrefriado e precisaba de atención médica... A preocupación da dona piso era un obstáculo polo que deberían de pasar, ademáis de pola enfermeira que tiña que coidar do neno... Pero en Madrid, as enfermeiras non estaban dispoñibeles, e tiveron que contar cunha monxiña, coitadiña dela, que tiña pinta de ser moi boa persoa... Quen ía imaxinar que esta monxa acabaría sendo a gran preocupación dos atracadores... Non vos conto máis, porque espero que este grupo volva os escenarios con esta obra...

Para máis información sobre a obra e Ditea visite esta páxina

2 comentarios

Lúa Neghra -

Ghraciñas aos dous! Alédome de que vos ghustase. Bicos mil!!!

eue -

Unha obraza. Teatro en estado puro. Confírmoo!